En segundo lugar quedaron Bruno Ramos Domínguez e Cristina Varela Ugarte, da Coruña, coa proposta ‘O labirinto do esquecemento’; e o terceiro posto foi para Mario Fernández Filoy, do Carballiño, coa proposta ‘Matador de peixes’
A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe os gañadores da final de Videocreación do programa Xuventude Crea 2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, que esta edición se celebrou no marco do festival Cineuropa e que tivo lugar no serán do sábado na sala Númax. O xurado outorgou o primeiro premio a Miguel López Rodríguez, de Vigo, pola obra ‘Taquión’.
En segundo lugar quedaron os coruñeses Bruno Ramos Domínguez e Cristina Varela Ugarte coa proposta ‘O labirinto do esquecemento’. O terceiro posto foi para a obra ‘Matador de peixes’, de Mario Fernández Filoy, do Carballiño.
O número de obras que se presentaron a esta especialidade foron trece, das cales nove chegaron á fase final desta fin de semana. O gañador recibirá un premio de 3.000 euros, os que quedaron en segundo lugar levará 1.500 euros e a dotación económica para o terceiro clasificado é de 1.000 euros.