Friday 22 de November de 2024

Programación para o 25N


A concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla e a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, e Paloma Seijo, do CIM, presentaron hoxe a programación de cara ao 25 de novembro organizada polo Concello a través do Centro de Información á Muller de Ribeira.

Do 20 ao 24 de novembro realizaranse Contacontos online dirixidos ao alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos municipais. O 21 de novembro levarase a cabo un obradoiro contra as violencias sexuais no CIFP de Coroso dirixido ao alumnado de FP Básica de Industrias Alimentarias.

O acto institucional trasládase ao venres día 24 na Praza de España co propósito de que os colexios poidan participar; a lectura do manifesto participatibvo terá lugar ás 11:45. E para rematar, o 25 de novembro realizarase un curso de Autodefensa no Complexo Deportivo A Fieiteira.

Ademais, o concello está adherido á XI Andainda contra a aviolenia de xénero que organiza Xunta de Galicia e á campaña De Fronte organizada pola Deputación da Coruña. Ademais, dende o concello repartiranse creatividades realizadas polo alumnado dos centros escolares aos comercios que queiran adherirse á campaña contra a violencia machista. A concelleira Cruz Rivadulla recalcou ademais que “o 25 ten o propósito de visibilizar a violencia que sofren as mulleres pero é preciso traballar todo o ano para acabar con este problema”