O Centro Cultural A Fábrica acollerá do 16 ao 30 de novembro a mostra de pintura de Carmena Bedmar Jiménez titulada “Oleiros, onde vivo, amo e soño”.
O xoves 16 de novembro ás 20:30h na Fábrica inaugurarase a mostra de pintura de Carmena Bedmar.
A exposición poderá visitarse de luns a venres de 9:00h a 15:00h e de 17:00h a 21:30h e os sábados de 10:00h a 13:30h no Centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13 –Perillo-)