Friday 22 de November de 2024

A deputada Cristina Capelán reúnese con membros do equipo de goberno


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e os edís Francisco-Suárez-Puerta e Fernando Abraldes mantiveron unha reunión coa deputada delegada de Mar e Medio Rural; Cristina Capelán e o patrón Maior de Aguiño; José Antonio Santamaría, co propósito de discutir estratexias colaborativas destinadas a impulsar o desenvolvemento económico na rexión.

Nun esforzo por fortalecer a economía local e potenciar os produtos comercializados nas lonxas pesqueiras, durante a reunión abordouse a posibilidade de establecer novas liñas de axuda que permitan ás confrarías desenvolver estratexias comerciais efectivas. Destacouse a importancia de apoiar ás confrarías na promoción e comercialización dos seus produtos, cun enfoque especial na creación dunha marca sólida.

Ademais, o concelleiro de mar, Fernando Abraldes, expuxolle á deputada a problemática que provén da prohibición de exportar a variedade de ameixa “relojito” fóra da península e acordaron seguir traballando sobre este punto.

A Deputada expresou o seu compromiso co sector pesqueiro local e o seu desexo de colaborar estreitamente coas confrarías e o Concello para impulsar o crecemento económico na rexión.