— A Xunta de Galicia organiza a cuarta edición deste encontro, que se celebrará en ExpoCoruña os días 19 e 20 de novembro e que está dirixido a profesionais da hostalería e da restauración, do comercio, da decoración de interiores e do contract
— Presentaranse produtos de 31 obradoiros artesanais e contarase coa colaboración de chefs de prestixio que desenvolven o seu traballo nas catro provincias galegas
— Na programación inclúese a presentación dunha publicación na que se recollen propostas fotográficas conxuntas de 12 restaurantes e 31 artesáns especializados en diferentes oficios artesanais, así como tres casos de éxito do traballo entre chefs e artesáns
A Consellería de Economía, Industria e Innovación organiza as IV Xornadas Profesionais Artesanía no Prato co obxectivo de impulsar a incorporación de produtos da marca Artesanía de Galicia no eido da gastronomía, e de fomentar as sinerxías e o traballo conxunto entre estes sectores. O evento celebrarase no recinto ExpoCoruña os días 19 e 20 de novembro e está dirixido a profesionais da hostalería e da restauración, do comercio, da decoración de interiores e do contract.
Desde o ano 2017, a Xunta impulsa estas xornadas bianuais, a través da Fundación Artesanía de Galicia, coa colaboración de Galicia Calidade e dos seus produtos certificados, que este ano conta tamén coa colaboración da Axencia Galega de Turismo, da Consellería do Medio Rural e da cervexa 1906. O evento consistirá nun Espazo Artesanía de Galicia no que participan 31 obradoiros da marca especializados en oficios como a madeira, a cerámica, a forxa, a estampaxe, a cestería, a escultura ou o téxtil, e nun Espazo Cociña no que se ofrecerán showcookings de reputados cociñeiros nas que se empregarán pezas de Artesanía de Galicia.
Na programación desta cuarta edición inclúese tamén a presentación dunha publicación na que se representa este traballo de creación conxunta entre artesanía e gastronomía. A presentación do libro “Artesanía no Prato” está prevista para o domingo 19 de novembro a partir das 11:30 e contará coa participación de Macarena Navarro-Reverter, xornalista, consultora de artesanía e autora do texto.
Desde o ano 2013 en que se crea o proxecto Artesanía no Prato son moitos xa os profesionais da artesanía que centran unha parte da súa produción na gastronomía, traballando en conxunto con cociñeiros para a elaboración de vaixelas exclusivas e pezas personalizadas. Neste libro preséntanse propostas fotográficas conxuntas de 12 restaurantes e 31 artesáns especializados en diferentes oficios artesanais, así como tres casos de éxito do traballo entre chefs e artesáns.
As diversas liñas de axudas
As axudas ofrecidas polo Concello varían segundo o tipo de actividade á que van destinadas.
Así, as de organización de actividades deportivas chegan aos 6.000 euros; as dedicadas a actividades físicas, federadas ou non, dirixidas a mellorar a capacidade física e o tempo de ocio, poden chegar ata 4.000 euros; as de organización de campamentos e campus infantís que axuden á conciliación da vida familiar, ata 6.000 euros; as destinadas a actividades diversas (foros, congresos, publicacións…) ata 4.000 euros; e as de organización de actividades extraordinarias (eventos deportivos) ata 10.000 euros.