Friday 22 de November de 2024

Gonzalo Castro: “A Coruña foi o primeiro escenario do cine en España e o seu tecido segue a ser unha referencia para a comunidade e o país”


O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, interviu na entrega do XII Premio José Sellier, outorgado pola Academia GalegaAudiovisual

O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, interviu na entrega do XII Premio José Sellier, outorgado pola Academia Galega Audiovisual á Asociación Senunpeso polo seu traballo a prol do cine galego. O concelleiro reivindicou á Coruña como cidade de cine pola súa vinculación histórica grazas á figura de José Sellier. “A Coruña foi o primeiro escenario do cine en España e o seu tecido segue a ser unha referencia para a comunidade e o país” sinalou o concelleiro.

Castro lembrou que este ano fanse 100 anos da morte de Picasso e101 da de José Sellier.“Unha bonita coincidencia que se suma a que grazas a Sellier temos o único testimonio gráfico que se conserva da estancia da familia Ruiz Picasso na Coruña, o retrato de Lola Picasso, irmá pintor e que foi realizado no mesmo estudo no que se presentaron as primeiras películas de Sellier no 1897” explicou. No acto tamén interviron Álvaro Pérez, presidente da Academia Galega do Audiovisual, Alfredo Sellier, familiar de José Sellier; e Carla Pérez, presidenta da Asociación Senunpeso, entidade galardoada.

O concelleiro da área de Fomento e Promoción da cidade, Gonzalo Castro, agradeceu ainvitación ao acto e puxo en valor as iniciativas postas en marcha polo Goberno de Inés Reyen materia de política cultural. “Este Concello destina 180.000 euros en axudas directas aos creadores locais, promovendo a creatividade no eido das artes escénicas, plásticas e musicais para a que outorgamos bolsas de creación artística para fomentar a cultura local” concluíu.