O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, mantivo unha reunión con representantes do sector a semana pasada
Galicia poderá contar co seu primeiro regulamento de casinos esta vindeira primavera. Así llo trasladou o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor aos representantes da Comisión Galega de Xogo durante unha reunión de traballo mantida a semana pasada.
O desenvolvemento deste regulamento é unha cuestión que vén sendo reclamada polo sector desde hai tempo e que habilita aos casinos existentes a instalar salas anexas noutras localidades como complemento á súa actividade.
Cómo lembrar que o Goberno galego fixo una modificación da actual Lei do Xogo para autorizar aos casinos actuais a instalar unha sala adicional que se atope situada fóra do recinto actual e na mesma provincia. Ata o de agora a lexislación establecía que só podía haber un casino por provincia.
Neste momento a Xunta está a ultimar o regulamento que rexerá as particularidades destas salas adicionais, xa que son figuras novas.