Friday 22 de November de 2024

Carballo acolle este sábado a III Fase de Niveis Coruña Norte, con 73 patinadoras de nove clubs


O pavillón Carballo Calero acolle este sábado a III Fase de Niveis Coruña Norte, que reunirá a 73 patinadoras de nove entidades: Lenda, Buxaina, Conxuro A Laracha, Alquimia, As Pontes, Inercia, Costa da Morte, Patiart Coristanco e a anfitrioa, Escola Lubiáns. A vicepresidenta do club, Beatriz Gracia, e os xogadores Manuel Ruibal e Gonzalo Calivar presentaron hoxe a competición, nun acto no que tamén participaron o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, e o alcalde, Evencio Ferrero.

A fase de niveis do 5 ao 10 disputarase de 10.00 a 14.00 horas:
• 10.00 a 11.20 h: nivel 5 (26 participantes)
• 11.20 a 12.40 h: nivel 6 (25 participantes)
• 12.40 a 13.20 h: nivel 7 (13 participantes)
• 12.40 a 13.20 h: niveis 8 e 9 (9 participantes en total)

A Escola Lubiáns, organizadora do evento xunto coa Federación Galega de Patinaxe, contará con 11 representantes: Andrea e Celia (nivel 8), Martina (nivel 7), Sara, Ana, Claudia e Valeria (nivel 6), e Carmen, Alba, Valeria e Arancha (nivel 5).