As nenas e nenos de 11 a 15 anos empadroados en concellos da provincia da Coruña son os destinatarios deste programa deportivo da Deputación Provincial
A viaxe á neve prevista para o 2024 transcorrerá entres os días 12 e 15 de xaneiro. Os destinatarios deste programa deportivo da Deputación da Coruña son nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2023). Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
O prazo para facer as inscricións das persoas interesadas é do 9 de novembro ao 1 de decembro de 2023 no rexistro do Centro Cultural A Fábrica (Perillo) ou a través da Sede Electrónica
A viaxe inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
Máis información no Departamento de Deportes (A Fábrica) e en https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024#Seguro