Friday 22 de November de 2024

Os socialistas reúnense con Hostalaría Compostela para avaliar as inquedanzas do sector


O secretario xeral dos socialistas destacou a importancia do sector hostaleiro na cidade e amosou o compromiso de manter un “diálogo constante” coas diferentes asociacións co obxectivo de “buscar a mellor resposta aos problemas que se poidan presentar”.

Na procura dun “diálogo fluído co sector” reuníronse esta semana coa asociación Hostalaría Compostela o secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza e o portavoz municipal, Gonzalo Muíños. Un encontro no que “fundamentalmente escoitar as preocupacións da hostalaría en todos os seus ámbitos de actuación” e co que “reafirmar o noso compromiso cun sector estratéxico na nosa cidade” asegurou Bouza.

Na reunión, á que asistiron a presidenta da asociación, Sara Santos e o seu xerente, tratáronse diferentes temas que preocupan á hostalaría da cidade “co propósito de intercambiar visións para buscar a mellor solución aos seus problemas”.

Tamén participaron na reunión a vicesecretaria xeral do partido, Marta Santullano e Jesús Peón, membro da executiva municipal e da propia asociación.