O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes vén de informar sobre a convocatoria pública para participar no programa de termalismo social do IMSERSO. Poderán beneficiarse os pensionistas de xubilación ou aquelas persoas que presenten unha incapacidade permanente recoñecida pola Seguridade Social, así como os pensionista por viuvez a partir de 55 anos. Tamén os perceptores doutros subsidios de desemprego ou prestacións a partir de 60 anos e os asegurados ou benficiarios da Seguridade Social con 65 anos ou máis.
Os trámites deberán realizarse na oficina de Servizos Sociais de Ordes, situada nos baixos da Alameda. Será necesaria a entrega da solicitude, copia do DNI e a declaración responsable do estado de saúde. Para as quendas dos meses que van de febreiro a agosto o prazo rematará o 11 de xaneiro, mentres que para viaxar de setembro a decembro os trámites deberán cumplimentarse ata o 11 de maio. As persoas admitidas poderán escollera entre máis de 150 localidades espalladas ao longo de 14 comunidades autónomas.