Que medidas urxentes está tomando o alcalde de Cambre para restituir ese posto?
A Policía Local de Cambre, que de forma conxunta vén de sufrir 9 baixas e 3 traslados confirmados, máis un ás portas de regresar para a Coruña; non confía no alcalde. Alternativa dos Veciños considera que nin o Alcalde nin o concelleiro Daniel Mallo están a altura da situación toda vez que nun asunto urxente non están tomando ningunha medida extraordinaria.
O Goberno de Cambre debería dimitir porque nin os funcionarios confían nel, nin as empresas cobran, nin son capaces de xestionar unha crise que provocaron os diferentes equipos de goberno encabezados por Patiño e co parabén dun PSOE que asume as incompetencias, irregularidades e presuntas ilegalidades do alcalde como propias.