Os concelleiros de Educación e Cultura, Susana García e José Manuel Mira respectivamente, entregaron os diplomas acreditativos dos cursos de informática. Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Ordes da que participaron ao longo as últimas semanas preto dunha trintena de veciños e veciñas de distintas idades. Ademais de adquirir coñecementos básicos sobre o manexo do ordenador e do sistema operativo Windows, tamén aprenderon aspectos fundamentais na utilización de Internet. Ante o interese suscitado entre o alumnado o Concello de Ordes xa ten previsto a continuación deste curso tras as festas de Nadal.