Friday 22 de November de 2024

Membros do equipo de goberno de Ribeira visitan as instalacións da Asociación Ambar


O alcalde de Ribeira, Luïs Pérez, o tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Cruz Rivadulla visitaron as instalacións da Asociación Ambar, que traballa con persoas con diversidade funcional.

Durante a visita, os membros do equipo de goberno puideron coñecer os programas e talleres que realiza a asociación para promover a participación e inclusión social das persoas usuarias. Durante a visita tamén se discutiron posibles vías de colaboración entre a ONG e o goberno local para mellorar e ampliar os servizos que se ofrecen.

Os membros do goberno expresaron asimesmo a súa admiración polo labor que realiza a Asociación Ambar e reafirmaron o seu compromiso de apoiar á ONG na súa misión de promover a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade na comunidade.