O Concello de Ortigueira adquiriu novo mobiliario e mellorou espazos da Escola Infantil Galiña Azul, que xa ten corrixidas as deficiencias e carencias que padecía desde hai tempo.
Conta agora con diferentes servizos, como un novo cambiador de cueiros, xa que ata o momento o persoal estaba cambiando aos pequenos e pequenos nunha mesa non habilitada para este fin.
Tamén se instalaron portas para separar os distintos espazos dentro das aulas e persianas en todas as dependencias para protexer do sol.
A maiores, substituíse a sinalética da entrada, que estaba moi deteriorada polo paso do tempo.
Por último, a vindeira semana instalarase un toldo no patio exterior para protexer ao alumnado do sol e da choiva moderada.