A sección de Carballo da Escola Oficial de Idiomas acolle a representación da obra de teatro Gros poissons à bord, unha obra orixinal do grupo de teatro da asociación Mar de Linguas da Coruña. A función terá lugar martes, 14 de novembro, ás 19h00, no auditorio do Pazo da Cultura en Carballo.
Esta comedia transcorre nunha illa onde seis persoas quedan atrapadas debido a unha folga. Deciden entón fretar un barco de pesca, o “Saint Pognon”, pilotado por un capitán un tanto peculiar. O prezo desta travesía será máis lato do esperado…
A obra será interpretada polo grupo de teatro da asociación Mar de Linguas, asociación de profesores, ex profesores, alumnos e ex alumnos da EOI da Coruña. O idioma será o francés pero estará subtitulada en castelán para ser accesible a todo o público, independentemente do seu nivel de francés. A entrada é libre e gratuíta, polo que non só poderán asistir os alumnos da escola, senón todo o público que así o desexe.
Este grupo de teatro leva máis de 15 anos funcionando baixo a dirección de Beatriz Arboleya Andrés, profesora de francés e directora e fundadora da asociación. Nestes anos o grupo de actores representou varias obras, como Knock, Adriana Mater de Amin Maalouf ou Antígone de Jean Anouilh, coas que xa visitaron Carballo en distintas ocasións.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden contactar con Raquel Cotelo (629694490) ou Isabel Rama (639197691), profesoras de francés da Escola Oficial de Idiomas en Carballo.