Friday 22 de November de 2024

O concello concorre á convocatoria de axudas da Deputación pra a contratación dun técnico de igualdade


Reforzaría ao persoal adscrito ao Centro de Información ás Mulleres.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse concorrer á convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para o cofinanciamento da contratación dun técnico de igualdade que reforce o persoal adscrito ao Centro de Información das Mulleres (CIM).

As súas funcións centraríanse na programación, planificación, intervención e realización de proxectos sobre a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

Nesta materia, o Concello da Laracha é referencia en Galicia entre os municipios de similar poboación polas políticas e programas que se veñen desenvolvendo nos últimos anos. De feito, A Laracha participou a finais de outubro na xornada divulgativa dirixida ao fortalecemento das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional convocada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade por ser un exemplo de boas prácticas nese eido.