O Concello de Lousame informa de que as malas previsións meteorolóxicas para mañá xoves 9 de novembro obrigan a adiar a celebración do XVII Día do Peón. Unha decisión tomada esta mañá entre a entidade organizadora, Briquedia, o CPI Cernadas de Castro e o Concello de Lousame, que tratarán de celebrar o acto ao longo da próxima semana, se ben aínda non hai unha data fixada.
Tal e como se anunciara na presentación deste evento, a meteoroloxía ía xogar un papel determinante na celebración do Día do Peón e que se adiaría no caso de que mal tempo. De feito, diante das malas previsións para o sábado en Lousame, esta semana xa se decidira adiantar o evento dous días e trasladalo a un recinto máis a cuberto como é o parque de San Roquiño. Finalmente, diante da previsión de fortes choivas que imposibilitaría a celebración tanto do lanzamento colectivo de peóns como do magosto, acordouse adiar o evento.