O alcalde de Ribeira e os e os edís Xabier Vidal, Francisco Suárez-Puerta, Fernando Abraldes e Veva Betanzos mantiveron onte unha reunión coa veciñanza da rúa Irmandiños de Ribeira.
No encotro abordáronse distintos temas que afectan aos residentes desa zona como a accesibilidade da rúa, prazas de aparcamento e a seguridade, entre outros.
O goberno municipal está a realizar reunións coa veciñanza de distintos barrios e parroquias co propósito de mellorar a xestión local e a participación cidadá. Estas reunións servencomo unha canle de comunicación directa entre o goberno e os residentes de diversas áreas dentro do municipio.
“O propósito principal é o de fomentar a participación cidadá e establecer un diálogo aberto e construtivo entre a veciñanza e os membros da corporación municipal” explicao alcalde Luís Pérez. “A veciñanza é a que mellor coñece os problemas e necesidades que afrontan a diario, e nós precisamos ser coñecedores disto para contribuír activamente no desenvolvemento dos distintos barrios e parroquias do concello”.