Saturday 16 de November de 2024

Trenor pon en valor o investimento de máis de 320.000€ para mellorar os servizos e a confortabilidade dos CEIP de Santa Irene e Portosín


O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, visitou o CEIP Santa Irene e o CEIP Portosín, para supervisar a posta en marcha dos novos espazos para comedores que contaron cun apoio da Xunta de máis de 60.000 euros entre as dúas actuacións. Desde xeito, deuse reposta á demandas das Ampas para dar servizo ás nenas e nenos que demandaban este servicio en ambos centros.

Na visita ao CEIP Santa Irene, Trenor lembrou que, este ano, tamén se realizou unha importante actuación de renovación da súa cuberta cun investimento de máis de 265.000 euros. A obra consistiu na retirada do material de cobertura da cuberta actual (placas nervadas de chapa simple, sen ningún tipo de illamento) por paneis sándwich de chapa de aceiro galvanizado resistente aos ambientes mariños. Con esta intervención mellorouse

Neste senso, engadiu que, “dende o Goberno autonómico seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.

Posteriormente desprazouse ata o CEIP Portosín Trenor onde visitou o novo comedor e lembrou que un dos retos de futuro deste colexio será a construción do novo centro educativo que se ubicará na zona do Mariño. O de Portosín será un dos colexios de Galicia construído integramente baixo os parámetros do denominado Plan de Nova Arquitectura pedagóxica. “Son centros máis amplos e saudables, estarán mellor integrados nas contorna e, ou que é máis importante aínda, virán preparados para ser versátiles e dar resposta ás necesidade do ensino dás próximas décadas”, puntualizou o delegado da Xunta.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Tal e como sinalou o titular do departamento educativo da Xunta, estas actuacións forman parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta aprobada no ano 2021 cunha inxección inicial de 191 millóns de euros para abordar todas as intervencións que se fan nos centros educativos co obxectivo de que estean mellor acondicionados, máis implicados coa educación dixital e as novas metodoloxías, máis sustentables e máis confortables para o profesorado e para o alumnado. Este plan, ampliado ata os 243 millóns de euros para facer fronte ás necesidades dos centros educativos, suma na actualidade 421 grandes obras.

Estas actuacións contan co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020