Friday 22 de November de 2024

Máis de 400 estudantes participan este curso nos programas de intercambio entre Galicia e Francia


— A través da iniciativa ‘EduFrance’ alumnos de 3º e 4ºde ESO e 1º de Bacharelato participarán nunha estadía nas rexións de Hauts-de-France e Bretagne e viceversa

— A este programa súmase ‘Picasso Mob’, co que mozos de 1º de Bacharelato integraranse en centros da rexión académica Bourgogne-Franche Comté

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pon en marcha EduFrance, unha mobilidade na que 200 estudantes galegos e outros 200 franceses, das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne, participarán este curso neste proxecto de mobilidade. A esta iniciativa, o Goberno galego suma Picasso Mob, un novo programa de intercambio entre alumnado de centros educativos galegos e da rexión académica Bourgogne-Franche Comté no que participarán seis estudantes galegos e outros seis de Francia.
O obxectivo destes intercambios escolares é propiciar o coñecemento mutuo das culturas e linguas de ambos países mediante a asistencia do alumnado a centros educativos e a convivencia en familias doutro país. A estratexia Edulingüe 2030 de Linguas Estranxeiras da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades promove este tipo de accións como chave para achegar ao alumnado galego a un contexto internacional real, tanto no ámbito académico como no da convivencia diaria.
No caso do programa EduFrance, serán arredor de 200 os alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º Bacharelato de 20 centros públicos galegos que participarán nun intercambio cultural e lingüístico con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne, ambas no país galo.

Durante o período de intercambio, o alumnado galego participante –entre 10 e 15 escolares por cada centro– deberá asistir ás clases no lycée ou collège que lle fose asignado pola Région Académique correspondente e aloxarase na casa dunha familia francesa, e viceversa no caso da viaxe dos estudantes franceses en Galicia. A estancia do alumnado galego en Francia terá unha duración dun máximo de 10 días naturais e poderá desenvolverse en calquera momento do curso 2023/2024.
Os seis alumnos galegos de 1º de Bacharelato participantes no Picasso Mob proceden dos institutos IES de Arzúa, Canido (Ferrol), de Allariz, Johan Carballeira (Bueu) e de Rodeira (Cangas). Aloxaranse durante catro semanas nun domicilio dun estudantes francés, acudindo a clase ao seu centro de ensino. En réxime de reciprocidade, acollerán no seu domicilio e no seu centro de estudos o alumnado francés.

A relación de centros que participarán nestas dúas experiencias, cos gastos de viaxe cubertos pola Xunta, é a reflectida na seguinte táboa :

Provincia Concello Centro Rexión Académica
Coruña, A Arzúa IES de Arzúa Bourgogne-Franche Comté
Coruña, A Brión IES Brión Hauts-de-France
Coruña, A Coruña, A IES A Sardiñeira Bretagne
Coruña, A Ferrol IES Canido Bourgogne-Franche Comté
Coruña, A Malpica IES Urbano Lugrís Hauts-de-France
Lugo Burela IES Monte Castelo Hauts-de-France
Lugo Fonsagrada, A IES Plurilingüe Fontem Albei Bretagne
Lugo Foz IES de Foz Hauts-de-France
Lugo Monforte de Lemos IES Francisco Daviña Rey Hauts-de-France
Lugo Ribadeo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Bretagne
Ourense Allariz IES de Allariz Bourgogne-Franche Comté
Ourense Ourense IES Universidade Laboral Bretagne
Ourense Ourense IES Ramón Otero Pedrayo Bretagne
Ourense Viana do Bolo IES Carlos Casares Bretagne
Pontevedra Bueu IES Johan Carballeira Bourgogne-Franche Comté
Pontevedra Cangas IES de Rodeira Bourgogne-Franche Comté
Pontevedra Estrada, A IES Manuel García Barros Hauts-de-France
Pontevedra Gondomar IES Plurilingüe Terra de Turonio Bretagne
Pontevedra Meis CPI de Mosteiro-Meis Hauts-de-France
Pontevedra Nigrán IES Val Miñor Bretagne
Pontevedra Pontevedra IES Gonzalo Torrente Ballester Bretagne
Pontevedra Pontevedra IES A Xunqueira II Hauts-de-France
Pontevedra Tomiño IES Antón Alonso Ríos Hauts-de-France
Pontevedra Vilagarcía de Arousa IES O Carril Bretagne
Pontevedra Vilagarcía de Arousa IES Castro Alobre Hauts-de-France