O distrito 7 foi o máis participativo para o que a proposta gañadora foi a creación dunha zona verde e de esparxemento no polígono de Someso
A sétima edición dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña pechouse ás 23.59 horas deste xoves 2 de novembro, cunhas cifras de participación na liña do pasado ano con 3.097 persoas que participaron na votación.
Entre as propostas para toda a cidade, as cinco iniciativas que tiveron máis respaldo foron a creación dunha zona de lecer para a mocidadee e a creación dun acceso peonil aMatogrande pola Avenida García Sabell, con 540 e 340 votos respectivamente. As seguintes propostas máis votadas foron a reforma e acondicionamento do ximnasio do CEIP Ramón da Sagra, a construción dunha pista de hóckey en liña e a recuperación e acondicionamento para o seu goce dun tramo do río Monelos.
Nas propostas para cada un dos distritos, as gañadoras foron as seguintes:
● Distrito 1. Creación dunha conexión ciclable entre os Cantóns e o Paseo Marítimo
● Distrito 2. Posta en marcha de espazos deportivos abertos para a mocidade.
● Distrito 3. Limpeza de matogueiras do parque infantil Catro Camiños.
● Distrito 4. Substitución parcial de eucaliptos do parque de Santa Margarida.
● Distrito 5. Peonalizar a Praza da Tolerancia.
● Distrito 6. Máis zonas verdes no tramo da Rolda de Outeiro, entre Mariñeiros e as Casas de Franco.
● Distrito 7. Crear unha zona verde e de esparexemento no polígono de Someso.
● Distrito 8. Instalación de paneis informativos nas paradas dos buses urbanos.
● Distrito 9. Colocación dunha fonte para lecer e goce dos veciños.
● Distrito 10. Asfaltado das rúas Abenela, Solva, Cances e As regas.
Nos datos finais solicitados apréciase que a participación mantívose estable, sendo algo inferior á rexistrada o ano pasado, aínda que superando de novo as 3.000 persoas. En canto ao número de persoas que optaron pola votación presencial, o comportamento é similar, descendendo lixeiramente respecto ao ano pasado, consecuencia posiblemente das malas condicións climatolóxicas, que fixo necesario mover os puntos de votación na rúa a espazos municipais cubertos.
En canto á participación por distritos, destaca moi por encima dos demais o distrito 7, con máis de 800 votos contabilizados. O distrito 9 tamén tivo unha participación alta, con 695 votos contabilizados, e os que menos participación rexistraron na fase de votación son os distritos 6 e 8.
O orzamento dos Orzamentos Participativos 2023 é de 2.500.000 euros, co que o remanente de 120.000 euros poderá utilizarse, como en anteriores ocasións a financiar algunha das propostas que non saíron gañadoras pero quedáronse preto en número de votos.