“Espero e desexo que este libro anime a moitas nenas a iniciarse no mundo do fútbol e a perseguir os seus soños”, sinalou o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, participou esta tarde na presentación da banda deseñada ‘Irene, a porteira’, de Xulia Pisón e Óscar Losada. O Concello colaborou na publicación deste cómic, que busca achegar as novas xeracións á historia de Irene González Basanta.
Gonzalo Castro destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey coa reivindicación de figuras femininas históricas da cidade, como é o caso de González Basanta, que nos anos vinte do século XX converteuse nun referente do fútbol feminino ao crear o seu propio equipo, no que era capitana e porteira. “Espero e desexo que este libro anime a moitas nenas a iniciarse no mundo do fútbol e a perseguir os seus soños”, sinalou Castro durante no acto que tivo lugar na Biblioteca da Deputación da Coruña.
“Irene non só quería xogar ao fútbol, quería loitar e reivindicar a igualdade. Irene foi unha precursora que rachou un importante teito de cristal e participar nun mundo só reservado aos homes”, apuntou o edil durante a súa intervención.