Sunday 24 de November de 2024

O Programa de Nadal do concello de Riveira potencia as actividades na rúa para favorecer o comercio e a hostalería local


Con concertos de jazz e música clásica, panxoliñas, tren e inchables

A concelleira de Cultura Fabiola García presentou hoxe no Lustres Rivas a programación de Nadal do Concello de Riveira: unha programación que vén cargada de novidades, froito do traballo da propia área municipal de Cultura coa colaboración dos departamentos de Servizos Sociais, Xuventude, Deportes e Novas Tecnoloxías.

Acompañada dos técnicos de Deportes e Xuventude (Miguel Ruiz e Mario Vidal, respectivamente), García Martínez sinalou unha serie de novidades dirixidas a favorecer o comercio e a hostalería local. Entre outras, a celebración en distintos espazos urbanos de Riveira de concertos de jazz e de música clásica, o tren do Expreso de Oriente, xornadas de panxoliñas ao aire libre ou a instalación de inchables.

Por outra parte, o edificio do novo mercado contará polas mañás cos campamentos do Nadal Concilia, mentres que pola tarde haberá outras actividades baixo a denominación nReda no Nadal, con multiobradoidos de manualidades, discoteca e animación infantil e servizo de ludoteca.

Parroquias
As parroquias terán tamén a súa propia programación, incluíndo inchables, a visita do Carteiro Real, ludoteca, discoxogo e cociña infantil; mentres que repetirán exitosas actividades o Nadal Solidario ou os concursos de escaparatismo e decoración de hostalería no Nadal, todas elas desenvolvidas en colaboración coa Asociación de Empresarios.

Fabiola García (quen lembrou de que xa está en funcionamento a pista de xeo e o alumeado navideño) informou tamén de que hoxe mesmo se publicaron as listaxes dos nenos participantes nos obradoiros de Nadal nos que, “cun gran esforzo”, se aumentaron 40 prazas os participantes no Nadal Concilia, 3 en Artes Plásticas e 5 en Informática, “co obxectivo de non deixar excluído a ningún rapaz”. En total participarán 220 nenos de 3 a 15 anos nos obradoiros e campamentos de conciliación e 110 adultos nos talleres de arte flora, cociña de Nadal e iniciación ao baile.

Tocante ás actividades de Xuventude e Deporte, destacan entre outras a Carreira Popular de Nadal, o Torneo de Xadrez, o Campeonato de Tenis, o Campeonato de Padel; ou actividades de aventura e aire libre como puenting, Andaina de Nadal ou unha ruta BTT.

PROGRAMACIÓN CULTURA

nReda NO NADAL

Distintas actividades para nenos e nenas no edificio do Novo Mercado Municipal (R/ de Galicia).

Os días: 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 h.

Os días 19, 20, 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, de 10:00 a 14:00 h, haberá ludoteca (Máximo 1,5 horas por nena ou neno ata un máximo de 20 participantes a un tempo).

17:00 a 21:00 h: Ludoteca (Máximo 1,5 horas por nena ou neno ata un máximo de 20 participantes a un tempo).

17:00 a 19:30 h: Multiobradoiros de manualidades, globoflexia, maquillaxe, creación de contos, adornos de Nadal, postais, cartas de Reis, etc.
19:30 a 20:30 h: Discoteca, xogo e animación infantil.
20:30 a 21:00 h: Visita do Carteiro Real

PEKENADAL

Encontros de nais/pais e nenas/os donde se realizarán xogos, panxoliñas e cancións, lectura de contos de Nadal, etc.

Aula Municipal de Ballet de Riveira
Xoves 24 de decembro e xoves 31 de decembro
De 11:30 a 13:00 h

Nenas e nenos de 0 a 2 anos acompañadas/os dun adulto
Mín. 20 e máximo 50 participantes/sesión (25 bebés e 25 adultos)

Inscricións no No Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira
(R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º Andar, Dta. Riveira. –fronte á Biblioteca Municipal).

TEATRO, MÚSICA e DANZA
e ACTOS CO TECIDO SOCIAL

Festival de música e baile tradicional BAILADELA
Auditorio Municipal
Domingo 13 de decembro, ás 18:00 h

Xornada de Portas Abertas de Danza Clásica e Ballet
Dirixido a nais e pais dos alumnos/as do Grupo 1 da EMB de Riveira.
Aula de Ballet do Conservatorio Municipal
Luns, 14 de decembro, de 18:00

Festival de Cáritas Parroquial de Riveira
Auditorio Municipal
Venres 18 de decembro, ás 20:30 h

“Dnadal, III festival de baile e música tradicional Tahúme”
Grupo de baile e música tradicional Tahume
Auditorio Municipal
Sábado 19 de decembro, ás 19:00 h
Festival de Nadal de Alfaia
Auditorio Municipal
Domingo 20 de decembro, ás 19:00 h

CONCERTO DE CONFRATERNIDADE
Coral Polifónica Municipal de Riveira
Coral Polifónica do Círculo Mercantil
Igrexa Parroquial de Santa Uxía
Venres 25 de decembro, ás 20:15 h

TEATRO ABRAPALABRA
Coa función “As do peixe”
Auditorio Municipal
Sábado 26 de decembro, ás 20:00 h

Concerto Solidario GOSPEL VIDA
A favor de Cáritas Parroquial de Riveira.
Igrexa Parroquial de Santa Uxía
Domingo 27 de decembro, ás 18:00 h

Festival de Nadal da A. Amas de Casa de Riveira
Coral “Perla del Atlántico” de Vigo, dirixida por Marisa González Monroy
Cantareiras de Aires do Barbanza, dirixido por José Luis Galán Ferro
Grupos de pandeiretas infantís, dirixido por Aida Suárez
Auditorio Municipal
Domingo 3 de xaneiro, ás 19:00 h

Entrada de balde ata encher aforo!
As entradas para os espectáculos do auditorio, recolleranse alí ½ hora antes das funcións.

CINE DE NADAL

Auditorio Municipal ás 19:00 h.

Mércores 30 de decembro: “MONSTRUOS EN LA UNIVERSIDAD” Animación.

Nota: No cine darase prioridade aos nenos e nenas (un adulto por neno).
As entradas recolleranse ½ hora antes da sesión.

ESPECTÁCULOS INFANTÍS

TÍTERES FALCATRÚA
“Linocho e a lúa”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Lunes 21 de decembro, ás 19:00 h

ARTESTUDIO TEATRO!
“O ladrón de bibliotecas” de Ó Titiribaile.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 22 de decembro, ás 19.00 h

TI E MÁIS EU TEATRO
“A bruxiña xusta do Nadal”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Mércores 23 de decembro, ás 19:00 h
Colabora a Deputación de A Coruña.

TEATRO TALÍA – “SOPA DE SAPO”
Auditorio Municipal
Domingo 27 de decembro, ás 19:00 h
Colabora a Deputación de A Coruña.

ENTREMÁNS, DANZA!
XOGA, de Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez
Auditorio Municipal. A partir de 6 anos!
Luns 28 de decembro, ás 19:00 h
Colabora a Deputación de A Coruña.

IULIUS XIII
“Segundos Camiños” Gala Máxica BARAKA do Mago Xacobe.
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 29 de decembro, ás 19:00 h
Colabora a Deputación de A Coruña.

CONCERTO DABOAPIPA
“Contos do Animalario”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Sábado 2 de xaneiro, ás 19:00 h

ACTUACIÓN DO MAGO TETO
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Luns 4 de xaneiro, ás 19:00 h

NADAL NA RÚA

Inchables variados, animación con Pai Noel, Apalpador, Paxe Real… música, ambientación e lambetadas…

Sábado 19 de decembro
Praza do Concello
Horario 11:30 a 13:30 / 17:00 a 19.00 h

Xoves 24 de decembro
Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas)
Horario 11:30 a 13:30 / 17:00 a 19.00 h

Sábado 26 de decembro
Rúa de Galicia (zona Sala Museo Municipal)
Horario 11:30 a 13:30 / 17:00 a 19.00 h

Xoves 31 de decembro
Rúa de Galicia (zona Cruceiro da Saúde)
Horario 11:30 a 13:30 / 17:00 a 19.00 h

Sábado 2 de xaneiro
Parque García Bayón
Horario 11:30 a 13:30 / 17:00 a 19.00 h

INCHABLES DO NADAL

Inchables variados e animación musical…

Luns 21 de decembro
Rúa de Galicia (zona Porta do Sol), de 17:00 a 20:00 h

Martes 22 de decembro
Praza de Pablo Neruda, de 17:00 a 20:00 h

Mércores 23 de decembro
Praza de Uxío Novoneyra, de 17:00 a 20:00 h

Luns 28 de decembro
Praza do Centenario, de 17:00 a 20:00 h

Martes 29 de decembro
Palco de Pedra do Malcón, de 17:00 a 20:00 h

Mércores 30 de decembro
Praza anexa ao Adro da Igrexa, de 17:00 a 20:00 h

Luns 4 de xaneiro
Parque das Abesadas, de 17:00 a 20:00 h

EXPRESSO DE ORIENTE

Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade, entrada gratuíta.

19, 24, 26, 31 de decembro e 2 de xaneiro.
Saída e chegada da Praza do Concello.
De 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 19:30 h.
(As entradas colleranse na propia fila en cada viaxe).

JAZZ NA RÚA

Actuacións do grupo de jazz ConFUSSIÓN

Sábado 19 de decembro
Rúa de Galicia (zona Sala Museo Municipal), ás 19:00 h

Xoves 24 de decembro
Rúa Santa Uxía, ás 13:00 h

Sábado 26 de decembro
Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas), ás 19:00 h

Domingo 27 de decembro
Rúa Alcalá Galiano, ás 13:00 h

Xoves 31 de decembro
Praza de Pablo Neruda, ás 13:00 h

Sábado 2 de xaneiro
Rúa Mariño de Rivera, ás 19:00 h

Domingo 3 de xaneiro
Praza de Vigo, ás 13:00 h

CLASICO NA RÚA

Actuacións musicais de alumnado do Conservatorio de Riveira.

Martes 22 de decembro
Praza de Uxío Novoneyra, ás 17:00 h

Mércores 23 de decembro
Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas), ás 17:00 h

Martes 29 de decembro
Rúa Rosalía de Castro, ás 17:00 h

Mércores 30 de decembro
Rúa de Galicia (zona Sala Museo Municipal), ás 17:00 h

Luns 4 de decembro
Praza de Pablo Neruda, ás 17:00 h

XORNADAS DE PANXOLIÑAS NA RÚA

Actuacións de panxoliñas en distintos lugares da cidade. Consultar programación específica a partir do 23 de decembro en www.riveira.gal e programa de man.

Normas de participación: Calquera agrupación interesada deberá ter un mínimo de 5 e un máximo de 10 persoas, deberán inscribirse no C.C. Lustres Rivas de Riveira, ata o 18 de decembro (981 835650 – culturaefestexos@riveira.com). Indicarase unha data e lugar de actuación por grupo –ata un máximo de 12 agrupacións-. Os concertos terán unha duración mínima de 25 minutos e máxima de 40 minuto. Todos os participantes actuarán gratuitamente co fin de animar as rúas e a cidade; realizarase un ágape de gratitude e confraternidade ao rematar o Nadal para todos os grupos que tomen parte nas xornadas.

PISTA DE XEO

Praza de España, do 9 de Decembro de 2015 ao 31 de Xaneiro de 2016

Período lectivo, horario:

De luns a xoves de 10:00 a 14:00 h. Reservada a grupos de escolares.
O resto do horario igual ao período de vacacións.

Período de vacacións:

Luns a Xoves, de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 22:00 h
Venres, sábados e domingos e vésperas de festivos; de 12:00 a 23:00 h, ininterrompido.
31 de decembro, de 12:00 a 18:00 h.
1 de xaneiro, de 19:00 a 23:00 h.

Prezos de venda:

Entrada Xeral a 6,00 € IVE engadido. Sesión de 50 minutos, inclúe patíns.
Descontos especiais para grupos de escolares, previa reserva.

nReda NO NADAL

Distintas actividades para nenos e nenas no edificio do Novo Mercado Municipal (R/ de Galicia).

Os días: 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 h.

Os días 19, 20, 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, de 10:00 a 14:00 h, haberá ludoteca (Máximo 1,5 horas por nena ou neno ata un máximo de 20 participantes a un tempo).

17:00 a 21:00 h: Ludoteca (Máximo 1,5 horas por nena ou neno ata un máximo de 20 participantes a un tempo).

17:00 a 19:30 h: Multiobradoiros de manualidades, globoflexia, maquillaxe, creación de contos, adornos de Nadal, postais, cartas de Reis, etc.
19:30 a 20:30 h: Discoteca, xogo e animación infantil.
20:30 a 21:00 h: Visita do Carteiro Real

CONCURSO DE ESCAPARATISMO E CONCURSO DE DECORACIÓN DA HOSTALERÍA NO NADAL

Do 18 de decembro de 2015 ao 6 de xaneiro de 2016.

Concursos de escaparatismo e decoración da hostalería no Nadal, organizados polo Concello de Riveira e a Asociación de Empresarios de Riveira cos seguintes premios:

Mellor Escaparate: Diploma e agasallo conmemorativo.
Mellor Decoración Hostaleira: Diploma e agasallo conmemorativo.
Todos os locais participantes nos dous concursos: Diplomas de participación.

Votantes nos dous concursos: Un premio de 100 € en vales de compra para empregar nos comercios participantes no concurso de Escaparatismo e un premio de 100 € en vales de compra para empregar nos locais hostaleiros participantes no concurso de Decoración, a través dun sistema de rifas que recibirán ao emitir o seu voto (Excrutinio e Sorteo público nunha data a determinar no mes de xaneiro de 2016).

Acto Público de Entrega de premios e diplomas a determinar, no mes de xaneiro de 2016.

Bases dos concursos publicadas en www.riveira.gal e www.empresariosriveira.com

Información e inscricións na sede da Asociación de Empresarios (R/ Rosalía de Castro), no Tlf. 981 873719 e no correo correo@empresariosriveira.com ata o 16 de decembro.

VISITA DO CARTEIRO REAL

O Carteiro das súas SS.MM. Os Reis Magos de Oriente visitará a cidade de Riveira e as distintas parroquias do municipio para recoller as cartas de todas/os nenas/os e repartirá agasallos e caramelos.

O CARTEIRO ENTREGARÁ UN BOLETO A CADA NEN@ QUE O VISITE PARA UN SORTEO DE 3 SUPER AGASALLOS QUE FARÁN OS REIS MAGOS NO BALCÓN DO CONCELLO O DÍA DA CABALGATA!!! Non perdades o voso!!!

RIVEIRA:

Edificio do Novo Mercado Municipal: Do 19 de decembro ao 4 de xaneiro, de 20:30 a 21:00 h (agás 24 e 25 de decembro e 31 e 1 de xaneiro).

RESIDENCIA DOS MAIORES: Mércores 30 de decembro de 11:30 a 12:30 h.

PARROQUIAS:

CORRUBEDO-CARREIRA-ARTES-OLVEIRA-PALMEIRA-CASTIÑEIRAS-OLEIROS e AGUIÑO: De 20:30 a 21:00 h, xunto ás actividades do “Nadal Pelegrín”.

NADALpELEGRÍn * Aproxímate ao Nadal

A casiña de chocolate de Hansel e Gretel , o Camión Mack e o Iglú do Nadal inchables visitarán as parroquias para realizar unha grande variedade de actividades, de 17:00 a 21:00 h:

17:00 h Ludoteca, ata as 20:00 h.
17:00 h Multiobradoiros (manualidades, globoflexia e maquillaxe)
18:30 h Cociña infantil de Nadal
19:30 h Disco-Xogo
20:30 h Visita do Carteiro Real

Aguiño: 19 e 20 de decembro (Porto)
Castiñeiras: 21 de decembro (Pista nova)
Olveira: 22 de decembro (Casa da Cultura)
Corrubedo: 23 de decembro (Porto)
Palmeira: 26 e 27 de decembro (Porto)
Artes: 28 de decembro (Centro Recreativo)
Carreira: 29 de decembro (Explanada da festa)
Oleiros: 2 de xaneiro (Centro Social)

EXPOSICIÓN

XI Bienal de Pintura Eixo Atlántico
Sala de Exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas.
Do 3 ao 26 de decembro.

Luns a venres de 10 a 14 h.
Mércores, xoves e venres de 19 a 21:00 h
Sábados de 11:30 a 13:30 h.
Entrada de balde!

BAILE DOS NOSOS MAIORES

Venres 1 de xaneiro, ás 20:30 h
Casa do Mar de Riveira
Colabora o Club de Pensionistas e Xubilados do Mar de Riveira.

Mércores 6 de xaneiro, ás 20:30 h
Aula de Música de Aguiño
Colabora o Club de Pensionistas do Mar de Carreira e Aguiño.

CABALGATA DE REIS

Martes 5 de Xaneiro, ás 17:30 h
Saída da zona Portuaria de Riveira
Recorrerán toda a cidade para saudar
aos nenos/as dende o balcón do Concello.

Os Reis Magos sortearán 3 agasallos entre todos os nen@s que visitaron ao Carteiro real!

OBRADOIROS

ARTE FLORAL E DECORACIÓN DE NADAL

– Aulas de Servizos Sociais
Datas: 15, 16, 17 e 18 de decembro
Horario 18:00- 20:30 h

De 16 anos en diante, mín. 12 e máx 25 persoas

COCIÑA E REPOSTERÍA DE NADAL

– Aulas de Servizos Sociais
Datas: 15, 16, 17 e 18 de decembro
Horario 19:30- 22:00 h

De 16 anos en diante, mín. 12 e máx 25 persoas

INICIACIÓN AO BAILE

– Aula de Ballet Municipal de Riveira
Country: Os días 21, 23, 28 e 30 de decembro de 20:00 a 21:30 h.
SBK: Os días 21, 23, 28 e 30 de decembro de 21:30 A 23:00 h.

De 16 anos en diante, mín. 15 e máx 30 persoas por grupo

INICIACIÓN ÁS ARTES PLÁSTICAS E A ESCULTURA

– Edificio do Novo Mercado Municipal
Datas: 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro – 4 e 5 de xaneiro
Horario 11.30- 13.30 h

De 9 a 15 anos, mín. 10 e máx 20 personas

INFORNADAL. INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS.

– Aula Multimedia de Riveira
(Cubeliños, no baixo da Gardería Municipal)
Datas: 21, 22, 23, 28, 29, 30 de decembro
Horarios de 10.00 a 13:30 h

De 9 a 12 anos, mín. 12 e máx 20 participantes

CAMPAMENTOS de CONCILIACIÓN

NADAL CONCILIA

– Riveira e Palmeira, Edificio do Novo Mercado Municipal ou Conservatorio

Datas: 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro – 4 e 5 de xaneiro
Horario 09.00- 14.00 h

4 Grupos (nenos e nenas nados do 2007 ao 2012): a determinar por idades segundos os participantes inscritos, ata un máximo de 140. Seguiranse os seguintes criterios de prioridade: Empadroados en Riveira, familias monoparentais traballadoras, familias onde traballen os dous proxenitores, familias onde traballe un deles e a orde de inscrición no formulario online.

NADAL XOGO

– Aguiño, Castiñeiras e Carreira, Casa da Cultura de Aguiño.

Datas: 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro – 4 e 5 de xaneiro
Horario 09.00- 14.00 h

1 grupo por agrupamento parroquial (nenos e nenas nados do 2007 ao 2011): 35 participantes. Seguiranse os seguintes criterios de prioridade: Empadroados en Riveira, familias monoparentais traballadoras, familias onde traballen os dous proxenitores, familias onde traballe un deles e a orde de inscrición no formulario online.

PROGRAMACIÓN DEPORTES E XUVENTUDE

Campionatos
Torneos de Xadrez
Nadal (26 de decembro)
Data: 26 de decembro (categoría absoluta).
Lugar: Casa da Xuventude de Riveira.
Categorías: categoría única (aberto a todas as idades).
Sistema de xogo: 4 – 5 partidas.
Ritmo de xogo: 15 minutos por xogador.
Inicio: Ás 11.00 horas.
Clausura: Ás 13.00 horas.
Trofeos: Copa para os 3 primeiros.
Prezo: Inscrición gratuíta.
Prazo de inscrición: Ata o 23 de decembro ás 12.00 horas
Complexo Deportivo A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .
Organizador: Escola Municipal de Xadrez
Colabora: Club de Xadrez Círculo Mercantil de Riveira.

Reis (2 de xaneiro)
Data: 2 de xaneiro (categoría absoluta).
Lugar: Casa da Xuventude de Riveira.
Categorías: sub 8 (08 – 10), sub 10 (06-07), sub 12 (04-05), sub 14 (02-03)
Sistema de xogo: 4 – 5 partidas.
Modalidade: 15 minutos por xogador.
Inicio: Ás 10.30 horas.
Clausura: Ás 13.30 horas.
Trofeos: Copa para o campión de cada categoría, medallas para os segundos e terceiros clasificados e diplomas para todos os participantes.
Prezo: Inscrición gratuíta.
Prazo de inscrición: Ata o 30 de decembro ás 12.00 horas
Complexo Deportivo A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .
Organizador: Escola Municipal de Xadrez
Colabora: Club de Xadrez Círculo Mercantil de Riveira.

Torneo de Tenis de Reis
Datas: A partir do 28 de decembro e ao longo das vacacións.
Lugar: Polideportivos municipais (Sirves e Artes).
Categorías: Absolutas: Masculina, feminina e dobres.
Prezo: Inscrición gratuíta
Data e lugar de inscrición: Ata o 23 de decembro ás 12.00 horas
Complexo Deportivo A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .
Dirección técnica e coordinación: Club Tenis Punta Salera.

Torneo de Nadal de Pádel ( Categorías base)
Datas: 28,29 e 30 de decembro.
Lugar: Centro de Raqueta Sta Uxía.
Categorías: Alevín (05,05 e 03), infantil (02 e 01) e cadete (00,99 e 98).
Prezo: Inscrición gratuíta
Data e lugar de inscrición: Ata o 23 de decembro ás 12.00 horas
Complexo Deportivo A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .
Organiza: Escola Municipal de Pádel.

Carreira Popular do Nadal
Datas: Sábado 26 de decembro pola mañá.
Lugar: Complexo Deportivo A Fieiteira.
Idades: Todas as categorías ( dende pitufos a veteráns).
Prezo: 4 €
Inscricións: Ata o xoves 24 de decembro ás 23.59 horas. Na páxina web www.carreirasgalegas.org
Organizan: Club Atletismo Sta Uxía e Escola Municipal de Atletismo.

Viaxe / Espectáculo
Viaxe a ver o Deportivo da Coruña – Villareal C.F.
Data: 03 de xaneiro.
Lugar: Estadio municipal de Riazor (A Coruña).
Saída: Estación de autobuses de Riveira (hora por confirmar).
Idades: Destinado a xóvenes de entre 10 e 17 anos.
Nº de prazas: 50
Prezo: Inscrición gratuíta.
Inclúe: Viaxe en autobús de ida e volta ao estadio de Riazor (A Coruña), entrada para ver o partido e monitores acompañantes tanto na viaxe coma no estadio.
Data e lugar de inscrición: Ata o 30 de decembro ás 12.00 horas
Complexo municipal A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .
** É necesario entregar autorización para poder participar **

Viaxe a ver o Monbus- Obradoiro vs Mora Banc Andorra
Data: 03 de xaneiro.
Lugar: Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela).
Saída: Estación de autobuses de Riveira (hora por confirmar).
Idades: Destinado a xóvenes de entre 10 e 17 anos.
Nº de prazas: 50
Prezo: Inscrición gratuíta.
Inclúe: Viaxe en autobús de ida e volta ao Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela), entrada para ver o partido e monitores acompañantes tanto na viaxe coma no estadio.
Data e lugar de inscrición: Ata o 30 de decembro ás 12.00 horas
Complexo municipal A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .
** É necesario entregar autorización para poder participar **

Medio natural/ Aventura

Puenting
Datas: O día 31 de decembro
Lugar: Ponte de Ceilán (estrada Noia – Outes).
Idades: Maiores de idade
Nº de prazas: 20
Prezo: 10 €
Inclúe: A actividade inclúe seguro de R.C. e o material necesario.
Data e lugar de inscrición: Por orde de solicitude ata o 29 de decembro
Complexo municipal A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .

Ruta do Nadal BTT
Datas: Sábado 27 de decembro pola mañá.
Lugar: Saída e chegada no Complexo Deportivo A Fieiteira.
Idades: Maiores de 16 anos (menores de idade con autorización).
Inscricións: Ata o xoves 23 de decembro ás 12.00 horas. Na páxina web www.emesports.es
Prezo: 6€
Prazas: 400
Organiza: Concello de Riveira.
Colabora: Club Ciclista Saltamontes.

Andaina do Nadal
Data: Domingo 3 de xaneiro de 2016.
Lugar: Saída e chegada no Complexo Deportivo A Fieiteira.
Hora de comezo: 10.00 horas.
Hora de remate: 12.30 horas.
Distancia: 5 Km.
Ritmo: Moi baixo, ideado para ir con nenos/as.
Percorrido: inmediacións dos montes da Garita.
Prezo: Inscrición gratuíta.
Inscrición: Ata o mércores 30 de decembro ás 12.00 horas. Complexo municipal A Fieiteira (Oficina de Deportes), teléfono 981 87 36 46, correo electrónico deportes@riveira.com .
Colabora: Asociación de Veciños de Carreira.

Campamento
Campamento Deportivo do Nadal
Datas: 21,22,23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro e 4, 5 de xaneiro.
Horario: De 10 a 13 horas.
Lugar: Complexo Deportivo A Fieiteira.
Idades: Nados entre o 2009 e 2003 ( de 6 a 12 anos).
Nº de prazas: 40
Prezo: 10 €
Período de inscrición: Do 14 ao 17 de decembro. A través do formulario ON-LINE da páxina web do Concello de Riveira – www.riveira.es
Publicación listaxe de admitidos: 18 de decembro. Na páxina web do Concello e nas dependencias da oficina de deportes do Complexo Deportivo A Fieiteira.
Formalización de matricula: 21,22 e 23 de decembro. Entregarase xustificante de pago (nº de conta a determinar) e fotocopia do DNI do pai/nai/titor do participante, na oficina de deportes do Complexo Deportivo A Fieiteira ou a través do correo electrónico deportes@riveira.com).

Seguiranse os seguintes criterios de prioridade na admisión:
1. Empadroados en Riveira.
2. Orde de inscrición no formulario ON-LINE.