Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo para participar nas actividades de conciliación no Concello de Ordes


As sesións desenvolveranse pola mañá. Este ano como novidade tamén se poderá ampliar o horario e contratar servizo de almorzo, xantar e merenda

O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para inscribirse nas actividades de conciliación que se desenvolverán durante as vacacións da Nadal. Aquelas e aqueles que queiran participar no ‘Christmas Camp 2015’ poderán apuntarse ata o vindeiro xoves, 17 de decembro, no Departamento de Educación municipal ou ben nas oficinas da escola infantil Con Talento, situadas no número 10 da rúa Reconciliación.
As sesións, dirixidas a nenos e nenas entreo os 3 e os 12 anos, terán lugar os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro e 4 e 5 de xaneiro. O horario xeral vai de 9 a 14horas, aínda que tamén se ofrece a posibilidade de ampliar o dito horario tanto pola mañá, dende as 7.30 horas, como pola tarde. Non é a única novidade xa que tamén se ofertan outros servizos como os de almorzo, xantares ou merendas.