Friday 22 de November de 2024

O outono chega á Cidade Vella coa celebración dun gran magosto popular


A xornada, organizada polo Asociación Veciñal da Cidade Vella, contará con obradoiros, xogos e foliada a cargo de Son d’Aquí

Aprazados o Mallosto e o Calloween, que se celebrarán o sábado 11 de novembro

A Asociación Veciñal da Cidade Vella organiza unha festa de magosto no histórico barrio con múltiples actividades para todos os públicos. Terá lugar o vindeiro sábado 11 de novembro na praza de Azcárraga, a partires das 17.00 horas.

A xornada, que conta coa colaboración do Concello da Coruña, comezará con actividades para os máis pequenos, con obradoiros e xogos infantís e tradicionais dende as 17.00 horas ás 19.00 horas. A partires das 19.00 horas comezará a procesión de cabazas, amenizada polo grupo tradicional ‘contiños da feira’ que percorrerá a contorna da praza.

Xa ás 19.30 horas dará comezo o magosto popular onde as familias que se achegen poderán gozar dun menú de balde de castañas asadas, acompañadas de bebida (viño, auga ou refrescos). Entregaranse nunha bolsa de papel xunto cunha taza de barro.

O magosto popular estará amenizado polo grupo Son d’Aquí, que iniciará na praza de Azcárraga unha gran foliada. Será a partires das 20.15 horas, logo do inicio da degustación de castañas. Antes do fin da xornada, que ten como hora de peche as 00.30 horas, realizarase o tradicional ritual da queimada coa elaboración e posterior degustación polo público da máxica bebida. Coa organización dos magostos, o Goberno de Inés Rey avanza na posta en valor dos barrios e a pervivencia das tradicións populares galegas.

Aprazados as actividades do Mallosto e Calloween, nos Mallos e Monte Alto

Os barrios dos Mallos e Monte Alto acollían esta fin de semana dúas citas culturais. Os Mallos celebraba o seu particular ‘Mallosto’, con áreas de xogos, posadoiros de imaxes e obradoiros e sorteos para a dinamización do comercio do barrio. A cita, prevista para este sábado 4 de novembro, posponse para o próximo sábado 11 no mesmo horario previsto: de 11.30 a 13.30 horas na quenda de mañá e de 17.00 a 19.30 horas en queda de tarde. Os tickets para participar nas actividades continúan a ter como data válida dende o 31 de outubro.

Ao aprazamento do Mallosto súmase a celebración do ‘Calloween’, unha iniciativa promovida pola Federación Unión Comercial Coruñesa (FUCC) e a Agrupación de Veciños e Comerciantes de Monte Alto, que conta co apoio do Concello. Trátase dun punto de encontro para os amantes da gastronomía e a música, con talleres de cociña creativa ideados para nenas e nenos a partir de 5 anos e degustacións de callos para todas aquelas persoas que acheguen os vales derivados das compras realizadas en comercios de Monte Alto. A xornada, prevista desde as 11.00 e ata as 16.00 horas no Campo da Leña, xa fora aprazada o pasado 28 de outubro a causa do tempo. Por mor da alerta meteorolóxica, o ‘Calloween’ ten como nova data o sábado 11 de novembro para a súa celebración.