Friday 22 de November de 2024

O Concello organiza obradoiros de prevención da violencia de xénero no IES ‘Pedra da Aguia’ polo 25N


· As actividades, que comezan hoxe, venres 3 de novembro, e estenderanse ata o 21 de novembro, están dirixidas ao alumando de 2º e 3º da ESO.

· As sesións van a ser maioritariamente prácticas e están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O Concello de Camariñas organiza, con motivo da conmemoración do 25N, varios obradoiros para a prevención da violencia de xénero dirixidos ao alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Plurilingüe ‘Pedra da Aguia’ da Ponte do Porto.

As actividades, que están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Goberno de España, comezaron hoxe, venres 3 de novembro, e estenderanse ata o 21 de novembro.

As sesións, que se impartirán a un total de 84 mozos e mozas, son maioritariamente prácticas para que a rapazada se sinta implicada nas propias actividades. O obxectivo é concienciar e formar ás novas xeracións en valores de igualdade, respecto e rexeitar calquera tipo de violencia machista.

Desde o Concello agradecen ao centro escolar a colaboración e a coordinación que sempre brinda para levar a cabo este tipo de actividades.