Ante a chegada do temporal “Domingos” anunciada para a fin de semana, o Concello de San Sadurniño decidiu suspender por motivos de seguridade a celebración do Samaín previsto para o serán deste sábado.
O grupo veciñal que leva traballando varias semanas na preparación do evento reunirase hoxe venres ás 20:00h na Casa da Cultura para decidir se se fixa unha nova data ou se, pola contra, se suspende definitivamente até o ano que vén.