Friday 22 de November de 2024

O Concello de Boqueixón ofrecerá unha actuación de teatro afeccionado os tres primeiros domingos de novembro


“BocAberta” abre as súas portas este domingo con “A conexión augardente” do Grupo de Teatro do Centro Social de Vedra

A Casa da Cultura de Camporrapado acollera nos tres primeiros domingos de novembro, ás 17:30 horas, unha actuación do ciclo de teatro afeccionado “BocAberta”, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación Club de Maiores de Boqueixón. Unhas sesións dirixidas a todos os públicos e cuxa entrada será completamente libre e de balde.

O ciclo comezará este domingo 5 de novembro con «A conexión augardente», do Grupo de Teatro de Maiores do Centro social de Vedra. Trátase dunha historia de amor, detectives e asasinatos, como eles mesmos a describen.

Para o domingo 12 de novembro está prevista «O boleto premiado», obra da Asociación Cultural Pedroso (Narón), unha divertida comedia que fai bo o dito de que os cartos non dan sempre a felicidade.

Finalmente, o 19 de novembro será a quenda de Andaravía Teatro (Vedra), que pechará o ciclo poñendo en escena «Xacovedra», un espectáculo de variedades con cancións e sketches sobre o presente e o futuro do Xacobeo.