Por mor das malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana, con alerta vermella por temporal, queda APRAZADA a celebración da XII edición do Magosto e Mostra de Artesanía programada para este sábado, 4 de novembro.
O Concello adopta esta medida de responsabilidade co obxectivo de garantir a seguridade da cidadanía.
A alerta por fenómenos costeiros estará combinada con fortes ventos, o que imposibilita a celebración do evento en condicións seguras por todos e todas.