Friday 22 de November de 2024

A ofrenda cívica e segunda exposición na homenaxe a Valle-Inclán terán lugar no 4 de novembro


A mala previsión meteorolóxica obrigara a adia-la ofrenda cívica e inauguración da segunda exposición ao abeiro das XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

Agora xa hai nova data para ámbolos dous actos que quedaban pendentes. No sábado 4, ás 12.00 horas, estrearase na sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a mostra “Locus amoenus”. Obxectos persoais do escritor, da colección de Xaquín del Valle-Inclán Alsina.

Posteriormente, ás 12.30 horas, a acción desprazarase ao Cantón da Leña coa tradicional ofrenda cívica e ruada a cargo de Trécola.

De haber mal tempo neste día, mantéñense as actividades, pero o transcurso será o seguinte: colocarase o arranxo floral a carón do monumento de Valle-Inclán e o resto do evento desenvolverase no interior da institución museística.