Case setenta nenos e nenas de segundo de primaria do CEIP Castelao visitaron hoxe o Concello de Ordes. Tanto o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, como a concelleira de Educación, Susana García, exerceron de anfitrións e déronlle a benvida no salón de plenos. Alí responderon a todas as preguntas que tiñan preparadas e explicáronlle as funcións que se desenvolven dende o Concello, así como a súa importancia. Todo isto antes de facer un percorrido por todas as instalacións e despachos de edificio, onde o alcalde lles foi explicando o labor que se realiza en cada un deles. Tamén houbo tempo para falar da Constitución española, da que se acaba de celebrar o seu 37º aniversario, motivo polo que a cada un dos titores se lles entregou un par de exemplares da Carta Magna para poder consultala nas aulas.