Friday 22 de November de 2024

O programa “Coidados Porta a Porta” tamén ofrecerá unha charla sobre audioloxía


As citas para os servizos que oferta o programa están cubertas.

A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta que impulsa a Consellería dePolítica Social da Xunta de Galicia estará na Laracha mañá e o luns e martes da próxima semana. Grazas a esta iniciativa pasarán consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria os veciños do municipio maiores de 55 anos que reservaran a súa praza. Desde hai semanas todas as  citas ofertas xa están cubertas.

Como actividade complementaria de interese xeral, o martes da semana que vén (7 de novembro) a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura tamén se ofrecerá unha charla sobre audioloxía á que se convida a asistir a todos os públicos. Neste caso non se require inscrición previa e o acceso será libre e gratuíto para todas as persoas interesadas.