Saturday 16 de November de 2024

Volve o programa ‘Durme no Fórum’ cunha nova velada para o mes de novembro


Baixo o título ‘Alicia no Fórum das marabillas’, nenos e nenas de entre 6 e 11 anos poderán gozar dunha noite de aventura este 25 de novembro

O Concello da Coruña volve organizar unha nova edición do programa ‘Durme no Fórum’ cunha velada programada para este mes de novembro. A actividade, que chega á súa 18 edición, é unha das máis exitosas entre as familias coruñesas cunha alta demanda de solicitudes en cada convocatoria. Baixo o título ‘Alicia no Fórum das marabillas’, nenos e nenas de entre 6 e 11 anos poderán gozar dunha noite de aventura do sábado 25 ao domingo 26 de novembro no Fórum Metropolitano con diversas actividades temáticas programadas durante a xornada. A actividade comezará ás 19.00 horas do sábado 25, coa recepción dos nenos e nenas participantes e rematará ás 13.00 horas do domingo 26, logo da velada.

‘Durme no Fórum’ está orientada a nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2017, que estean a cursar Educación Primaria, con 180 prazas dispoñibles. Deberán asistir con roupa e calzado cómodos, preferiblemente roupa deportiva. Tamén unha botella de auga individual para encher, artigos de aseo persoal e un saco de durmir. Opcionalmente poderá utilizarse unha esterilla.

A cota por participante é de 25 euros que inclúen a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes) e o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades. O prazo de inscrición comeza este mércores 8 de novembro ás 9.00 horas e poderá realizarse a través detse formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfA3RMBLGdp8wTYF22zDMK6gY5-izRzfXY8qs
KmgTkSr8ZUIA/closedform. A partires do venres 10 de novembro, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición. Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.

No caso de que as familias teñan máis dun fillo/a con interese na actividade, deberán de cumplimentar un formulario por cada un dos menores. No caso de que a última praza fose adxudicada a un/unha deles/as, entrarán xuntos, sempre e cando a marca temporal entre as solicitudes sexa inferior a dez minutos.

Pago da cota de inscrición

Logo da confirmación da praza o 10 de novembro, as familias terán que realizar o abono da cota de inscrición mediante transferencia bancaria (ES39 0182 5778 0902 0158 4988 – BBVA). Debe realizarse antes do 14 de novembro, inclusive, e enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as indicando no asunto “Durme no Fórum”.