Vales para libros, un reproductor de música, un lector de libro electrónico e dúas tablets son os premios previstos neste certame que organiza a Concellería de Cultura e Ensino
Visitar a exposición “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor” que se amosa no Museo do Humor de Fene ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2016 é o requisito fundamental para participar no certame “Mortadelo e Filemón en Fenicia” que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene. Segundo se establece nas bases do concurso, poderá participar calquera persoa individual, curso, aula ou grupo de alumnos/as, encadrándose os participantes nas seguintes categorías: educación infantil; 1º/2º/3º de educación primaria; 4º/5º/6º de educación primaria; ESO; bacharelato e ciclos formativos e, por último, adultos. Os/as menores de idade deberán achegar autorización asinada polo seu pai/nai ou titor/a legal.
As persoas interesadas en participar deberán presentar unha composición plástica orixinal na que aparezan os populares personaxes de Ibáñez “Mortadelo e Filemón” nunha paisaxe recoñecible do Concello de Fene (por exemplo, a Praza do Concello, a grúa pórtico de Astano, a praia de Almieiras, a Fervenza, a Praza Verde…..).
Os traballos poderán presentarse en formato papel ou dixital en calquera das seguintes modalides: debuxo, pintura, colaxe, montaxe fotográfica ou videográfica ou gif animado. Os traballos en formato papel/cartolina terán unhas dimesións mínimas de 21×29,7cm. (A-4) e máximas de 29,7×42 cm. (A-3). Pola súa banda, os traballos dixitais entregaranse en soporte CD, DVD ou pen-drive, en formato JPEG, GIF, PDF, PPT. avi, mp4 ou mov e terán un espazo máximo de 10 MB. De tratarse de imaxes fixas deberán poder imprimirse en formato mínimo A-4 e máximo A-3. Ademais, naqueles traballos a concurso que inclúan calquera texto ou audio estes terán que estar redactados/gravados en lingua galega.
En canto aos premios, establécese un único premio por categoría que consistirán en:
a. Educación Infantil. Vale por un importe de 50 € en libros e diploma.
b. 1º/2º/3º de educación primaria. Vale por un importe de 50 € en libros e diploma.
c. 4º/5º/6º de educación primaria. Reprodutor Ipod Shuffle e diploma
d. ESO. Lector de libro electrónico Kindle Paperwhite e diploma
e. Bacharelato e Ciclos Formativos. Tableta BQ AQUARIS M10 e diploma
f. Adultos Tableta BQ AQUARIS M10 e diploma
O prazo de presentación dos traballos finalizará o vindeiro 1 de febreiro de 2016. As obras entregaranse, xunto co formulario de participación debidamente cuberto, no Museo do Humor, de luns a venres, en días laborables e en horario de 10:00 a 12:00 h ou no Departamento de Cultura (Avda. de Naturais 44, entresollado), tamén de luns a venres e en días laborables, en horario de 9:00 a 14:00 e os mércores 20 e 27 de xaneiro de 2016 en horario de 17:00 a 18:00 h.
O fallo do xurado –formado pola Concelleira de Cultura e Ensino, por un/ha profesor/a de educación infantil; un/ha profesor/a de primaria; un/ha profesor/a de ensino medio e a coordinadora do Museo do Humor- terá lugar na última quincena de febreiro de 2016 e darase a coñecer a través da páxina web fenecidadan.gal e dos diferentes medios de comunicación.
As bases, que reproducimos a continuación, e o formulario de inscrición para o concurso están a disposición dos/as interesados/as na conserxería da Casa da Cultura de Fene e na páxina web municipal.
BASES REGUILADORAS DA CONVOCATORIA DO PREMIO DO CONCURSO “MORTADELO E FILEMÓN EN FENICIA.”
1- PARTICIPACIÓN, CATEGORÍAS E CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS A CONCURSO
a) Poderá participar neste concurso calquera persoa individual, curso, aula ou grupo de alumnos/as que visite a exposición “Francisco IBÁÑEZ, EL MAGO DEL HUMOR”, que se amosa no Museo do Humor de Fene entre o 27 de novembro de 2015 e o 30 de xaneiro de 2016, e recolla na conserxería da Casa da Cultura o correspondente formulario de inscrición. Os/as menores de idade deberán achegar autorización asinada polo seu pai/nai ou titor/a legal.
b) As persoas participantes deberán presentar unha única composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe, montaxe fotográfica ou videográfica, gif animado….. na que aparezan Mortadelo e Filemón nunha paisaxe recoñecible do Concello de Fene (por exemplo, a Praza do Concello, a grúa pórtico de Astano, a praia de Almieiras, a Fervenza, a Praza Verde…..). Tamén se admitirán a concurso traballos dixitais. Nos traballos en formato papel/cartolina o tamaño mínimo será o A-4 e o máximo o A-3.
Os traballos dixitais entregaranse en soporte CD, DVD ou pen-drive en formato JPEG, GIF, PDF, PPT. avi, mp4 ou mov e terán un espazo máximo de 10 MB. De tratarse de imaxes fixas deberán poder imprimirse en formato mínimo A-4 e máximo A-3.
c) Lingua: Naqueles traballos a concurso que inclúan calquera texto ou audio estes terán que estar redactados/gravados en lingua galega.
d) Categorías:
a. Educación Infantil.
b. 1º/2º/3º de educación primaria
c. 4º/5º/6º de educación primaria.
d. ESO.
e. Bacharelato e Ciclos Formativos.
f. Adultos
e) A participación nos niveis de educación infantil e primaria poderá ser a título individual ou colectivo; isto é por curso, aula ou grupo de alumnos/as mentres que nos restantes niveis será a título individual.
f) Os requisitos que deben cumprir os participantes son os seguintes:
• No caso de personas físicas: estar ó corrente das súas obrigas coa facenda pública, co Concello de Fene e coa Seguridade Social e non estar incursas nas causas de incapacidade ou incompatibilidade para ser beneficiarias ou percibir subvencións da Administración Pública dispostas no art. 13 da Lei Xeral de Subvencións.
• No caso de participación dun curso, aula ou grupo de alumnos/as , o representante deberá estar ó corrente das súas obrigas coa facenda pública, co Concello de Fene e coa Seguridade Social e non estar incurso nas causas de incapacidade ou incompatibilidade para ser beneficiarias ou percibir subvencións da Administración Pública dispostas no art. 13 da Lei Xeral de Subvencións.
2- PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
a) Prazo de presentación: A partir da publicación da convocatoria no BOP e até as 14 h do día 1 de febreiro de 2016.
b) Lugar de presentación. Os traballos a concurso entregaranse, xunto co formulario de participación debidamente cuberto, no Museo do Humor, de luns a venres, en días laborables e en horario de 10:00 a 12:00 h ou no Departamento de Cultura (Avda. de Naturais 44, entresollado), tamén de luns a venres e en días laborables, en horario de 9:00 a 14:00 e os mércores 20 e 27 de xaneiro de 2016 en horario de 17:00 a 18:00 h.
3- PREMIOS
Establécese un único premio por categoría que consistirán en:
a. Educación Infantil. Vale por un importe de 50 € en libros e diploma. Este vale deberá ser gastado antes de que remate o mes de abril de 2016.
b. 1º/2º/3º de educación primaria. Vale por un importe de 50 € en libros e diploma. Este vale deberá ser gastado antes de que remate o mes de abril de 2016.
c. 4º/5º/6º de educación primaria. Reprodutor Ipod Shuffle valorado en 55 € e diploma
d. ESO. Lector de libro electrónico Kindle Paperwhite valorado en 130 € de diploma
e. Bacharelato e Ciclos Formativos. Tableta BQ AQUARIS M10 valorada en 230 € e diploma
f. Adultos Tableta BQ AQUARIS M10 valorada en 230 € e diploma
O financiamento de ditos premios farase con cargo á partida orzamentaria 334/48000 do orzamento xeral do Concello de Fene.
A resolución de concesión de premios e polo tanto o recoñecemento da obriga terá lugar en 2016 polo que será de aplicación o artigo 56 do RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións sobre tramitación anticipada de gasto. A concesión queda así condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.
Os premiados deberán acreditar, con carácter previo ó pagamento, estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, mediante declaración responsable á que se refire o artigo 24.4. do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e declaración de que non están incursos en ningnha das causas que impiden obter a condición de beneficiarios de axudas públicas conforme ao art. 13.2 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. Ademais deberase aportar copia cotexada do NIF da persona representante ( no caso de participación dun curso, aula ou grupo de alumnos/as, ou menor de idade ) ou copia cotexada do NIF no caso de ser unha persoa física maior de idade.
4- COMPOSICIÓN E FUNCIONAMENTO DO XURADO
a) O xurado do premio, nomeado polo Concello de Fene, estará presidido pola Concelleira de Cultura e Ensino por delegación da alcaldía e estará formado por un/ha profesor/a de educación infantil; un/ha profesor/a de primaria; un/ha profesor/a de ensino medio e a coordinadora do Museo do Humor. Actuará como secretario/a o/a do Concello ou funcionario/a no que delegue.
b) O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Aos efectos de validez da súa constitución, será de aplicación o disposto no art. 26.1 da Lei 3071992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
c) As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
d) O xurado poderá declarar desertos todos ou calquera dos premios de non existiren, ao seu xuízo, obras coa suficiente calidade.
e) O fallo do xurado terá lugar na última quincena de febreiro de 2016 e darase a coñecer a través da páxina web fenecidadan.gal e dos diferentes medios de comunicación.
5- EXPOSICIÓN FÍSICA E/OU VIRTUAL DOS TRABALLOS
a) A presentación dos traballos a concurso implica a autorización expresa ao Concello de Fene-Museo do Humor a utilizar estas imaxes a efectos simplemente expositivos, no propio Museo e noutras instalacións do termo municipal así como nas redes sociais, páxina web fenecidadan.gal ou páxina creada a estes efectos.
b) O Concello de Fene-Museo do Humor resérvase a facultade de seleccionar aqueles traballos a expoñer.
c) A exposición das obras non reportará dereitos económicos para os autores dos traballos presentados a concurso.
6- DEREITOS E PROPIEDADE DOS TRABALLOS PRESENTADOS A CONCURSO
a) Os traballos premiados quedarán en propiedade do Concello de Fene-Museo do Humor.
b) Os/as autores/as ceden todos os seus dereitos ao Concello de Fene-Museo do Humor para a publicación, exposición e divulgación por calquera medio dos traballos premiados, citando sempre a súa autoría, premio acadado e ano en que obtivo este galardón.
c) Efectuarase a devolución dos traballos non premiados previa petición do interesado.
7- . ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación das obras supón a aceptación das bases por parte dos/as autores/as.
8- . NORMATIVA DE APLICACIÓN
a) En todo o non previsto nestas bases estarase ao disposto na Lei 38/2003 de 17 de novembro, no RD 887/2006, polo que se aproba o regulamento xeral de subvencións e polo resto de lexislación vixente que lle resulte aplicable.
b) A presente convocatoria efectúase de conformidade coa Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Fene, aprobada polo Pleno en sesión de 30 de marzo de 2007 e publicada no BOP núm. 135 de 15 de xuño.