Friday 22 de November de 2024

Declaracións ante a visita do presidente de Portos a Ribeira


Tras coñecer a visita do Presidente de Portos de Galicia a Ribeira no día de hoxe, o goberno de Ribeira manifesta o seu descontento ante o desplante institucional por parte do ente autonómico. Isto contrasta co convite á portavoz do Partido Popular en Ribeira, que acompañou a José Antonio Álvarez. Por iso, o goberno local considera inaceptable o uso dos intereses partidistas desta visita.

O alcalde de Ribeira e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes; mantiveron recentemente unha reunión co presidente, José Antonio Álvarez, para trasladarlle necesidades das insfraestructuras e intentar abordar melloras nos distintos Portos do Concello. Na devandita reunión trasladáronlle a disposición do goberno local de colaborar na resolución de tódolos problemas dos peiraos. Neste senso, o goberno local manifesta a súa preocupación a raíz da visita de hoxe, da que non foi informada, xa que a considera un desplante aos intereses da veciñanza e do sector do mar ribeirense.

O alcalde Luís Pérez enfatizou a necesidade de que as institucións traballen xuntas para abordar os desafíos e as oportunidades que enfrenta o sector do Mar. “Dende o goberno de Ribeira seguiremos a traballar coa man tendida e coa vontade de chegar a bo entendemento con tódalas administracións; para velar polos intereses de tódolos veciños e veciñas e pola xestión eficaz dos nosos recursos”. concluiu.