Saturday 16 de November de 2024

O alcalde de Oleiros propón a todos os alcaldes e alcaldesas independentes facer fronte común na Fegamp


O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse por carto a todos os alcaldes e alcaldesas independentes de Galicia para estudiar posturas conxuntas ante a vindeira asemblea xeral da Fegamp, que terá lugar a mediados de mes en Santiago. “Nunca se tivo en conta aos concellos con alcaldías independentes, marxinando a nosa representación”, di García Seoane na súa misiva “somos 29 concellos en Galicia con gobernos independentes, que non vemos os nosos intereses nin os dos nosos veciños e veciñas representados nos ditames e acordos da Fegamp”.

“Son moitos os temas que nos afectan e que están a paralizar a contratación de servizos, obras e a xestión dos nosos municipios: permisos de Patrimonio, Augas de Galicia, estradas, Lei de Policía Local que prexudica aos concellos máis pequenos e aos medianos… todo isto xera prexuízos importantes para os nosos municipios e debemos, por responsabilidade, esixir que se nos dea un trato máis amable”.

García Seoane chama aos seus homólogos a reunírense con anterioridade á asemblea xeral para conseguir unha postura conxunta que lles permita estar presentes nos órganos de dirección da Federación, co que conseguirán ter máis forza para lograr obxectivos comúns.