Friday 22 de November de 2024

A Pobra mergúllase na historia de Carme e a serea Mariña no 3 de novembro


O Auditorio do Museo Valle-Inclán prepárase para unha nova cita literaria. A Pobra do Caramiñal convértese na segunda parada da serie de presentacións do libro infantil Carme e a serea Mariña, da xornalista Ana Rial Maneiro, que terá lugar no 3 de novembro, ás 20.30 horas.

Participarán, xunto coa propia autora, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a vicepresidenta da A. C. Barbantia, Encarna Pego. Ademais, o acto estará amenizado pola Escola de Música da Pobra.

Se ben ambientada en Palmeira, pero extrapolable a calquera poboación costeira, a dita obra dirixida a público infantil narra a historia da fazaña dunha nena e dunha serea para combateren unha grande ameaza que pon en perigo o medio ambiente ao tempo que se establece entre elas unha fermosa amizade. Así, mar e terra deixarán de lado as súas diferenzas para se centraren no que os une.

O acceso é libre ata completa-la cabida da referida instalación municipal.