Friday 22 de November de 2024

Neda súmase ao Día internacional do cancro de fígado iluminando hoxe de verde a Casa Consistorial


Neda sumarase hoxe á conmemoración do Día Internacional do Cáncer de Fígado. Atendendo a petición da Asociación galega de transplantados Airiños, o Concello adhírese á campaña de iluminación de edificios emblemáticos, tinguindo esta noite de verde a fachada da Casa Consistorial para dar visibilidade a esta patoloxía.

Detallan dende o colectivo, integrado na Federación Nacional de Enfermos y Trasplantados Hepáticos (Fneth) que cada ano se diagnostican ao redor de 6.700 novos casos de hepatocarcinoma ou cancro primario de fígado, tal e como recolle o informe ‘Las cifras del cáncer en España 2023’.
A campaña, impulsada a nivel nacional pola federación, incide ademais na necesidade de eliminar o estigma tradicionalmente ligado a este tipo de cáncer, que o vencella ao consumo elevado de alcohol. A patoloxía segue “in crescendo”, entre outras causas, pola prevalencia da obesidade e da diabetes na poboación.

Dende Airiños subliñan a importancia do diagnóstico precoz mediante cribado para conseguir unha supervivencia a cinco anos do 70% dos pacientes e, como non, reclaman máis fondos para a investigación, demanda que fai súa o Concello.