Saturday 16 de November de 2024

A Xunta propicia un encontro da xente nova que participa no programa Xuventude Mentoring


O vindeiro ano destinaranse preto de dous millóns de euros a seguir facilitando a transición da mocidade ao ámbito laboral, a través desta proposta e do Xuventude Mentoring na Empresa

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a un encontro cos participantes na cuarta edición do programa Xuventude Mentoring, iniciativa posta en marcha pola Xunta para facilitar a transición do ámbito académico ao emprego da xente moza. No encontro, que se desenvolveuse ao longo de todo o día de onte no albergue Mariña Española, abordáronse diferentes dinámicas no ámbito das competencias profesionais, na xestión das relacións laborais ou na preparación dunha entrevista de traballo.

A directora xeral explicou que o obxectivo desta xornada foi servir de espazo de formación, participación activa e interacción entre as mozas e mozos que participan como mentorizados no Xuventude Mentoring. Ademais, destacou a importancia deste programa para apoiar á xuventude na súa entrada no mundo laboral.

600 participantes
Neste sentido, Cristina Pichel sinalou que o vindeiro ano o Executivo autonómico seguirá apostando polo Xuventude Mentoring e o Xuventude Mentoring na Empresa, aos que destinará preto de dous millóns de euros. As primeiras edicións destas propostas teñen demostrada súa utilidade para axudar á mocidade a emprender a súa carreira profesional. Preto de 600 persoas mozas participaron nestas catro edicións de Xuventude Mentoring e máis de 250 mentores. O balance das últimas edicións indica que preto do 50% se insertaron laboralmente tras o programa.