● Terá lugar o sábado 11 no Local Social de Loios e estenderase durante toda a xornada: de 10 a 14 e de 16 a 20 horas
● Estará impartido por profesionais e as inscricións pódense cursar nos Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos 981 784 405 e 981 782 659
O próximo mes realizarase en Miño un curso de autodefensa para mulleres #ante situacións violenta. Será o sábado, 11 de novembro, no Local Social de Loios e as asistentes terán oito horas de formación por diante: de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
O curso será impartido por especialistas cualificados, que forman parte da Federación Galega de Loita e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. As interesadas xa se poden inscribir presencialmente, nos Servizos Sociais da planta baixa do Concello de Miño, ou nos teléfonos 981 784 405 e 981 782 659.
Trátase dunha formación para a prevención e a defensa persoal feminina contra a violencia de xénero.
Desde o Concello de Miño afirman que “desgraciadamente, este tipo de cursos son necesarios para a prevención de situacións violentas que se poidan dar contra as abrandares polo simple feito de selo. Supón un recurso máis para a súa protección”.