• As actividades terán lugar o vindeiro martes, 31 de outubro, a partir das 17 horas
• O Obradoiro de Cabazas comezará ás 17 horas no Local Social Valle Inclán e o Roteiro Terrorífico sairá da Casa do Concello ás 19 horas
• Ao remate realizarase o Acendido das Cabazas decoradas
O Concello de Laxe, con motivo do Samaín, organiza para o vindeiro martes, día 31, unha serie de actividades para todos os grupos de idade.
Ás 17 horas dará comezo o Obradoiro de Cabazas no Local Social Valle Inclán. Cada persoa que queira asistir, deberá levar a súa propia cabaza, para decorala e para o posterior Roteiro Terrorífico, que se levará a cabo a partir das 19 horas. Estará animado musical e teatralmente e a saída será desde a Casa do Concello. Ao remate realizarase o Acendido de Cabazas, previamente decoradas, para culminar esta xornada.
Desde o Concello de Laxe animan a todas as persoas, veciñanza e visitantes, a vestirse coas súas mellores “galas de medo” para pasar unha tarde “terrorífica”.