Friday 22 de November de 2024

Comeza a obra de saneamento de Campelos


Membros do equipo de goberno de Ribeira visitaron hoxe a obra de saneamento de Campelos, na parroquia de Olveira. A obra, que se executará nun prazo de 5 meses, ten un presuposto de 216.055,11 euros.

No lugar de Campelos, na parroquia de Olveira, non existe actualmente rede de saneamento.
Para proporcionar este servizo á veciñanza da zona proxectouse a instalación de 1.295,00 metros de colector e un bombeo que impulsará as augas ata a súa conexión coa rede xeral.

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipais. “Dende o Concello seguimos a traballar para adecuar o saneamento de tódalas parroquias e garantir a saúde de toda a veciñanza. Unha rede de saneamento ben deseñada contribúe tamén á protección do medioambiente, xa que reduce a contaminación do solo” explica o alcalde Luís Pérez.