Friday 22 de November de 2024

Roberto Rey clausura o curso preparatorio de lingua galega organizado polo SNL da Mancomunidade de Ordes


O presidente da Mancomunidade de Ordes, Roberto Rey, clausurou o curso de lingua galega organizado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL). Unha iniciativa formativa gratuíta enfocada de cara á preparación das próximas probas dos niveis Celga 2 e 3, que terán lugar o vindeiro mes de abril. As clases desenvolvéronse dende o pasado mes de outubro en horario de mañá, todos os luns, martes e xoves.
No acto de entrega dos diplomas Roberto Rey felicitou a todas as asistentes, recoñecendo abertamente “o gran mérito que ten continuar coa formación académica”. Tamén lles desexou “sorte de cara aos vindeiros exames”, ademais de insistirlles en que fagan uso do SNL para resolver calquera dúbida de cara á convocatoria dos exames que lles brindarán o certificado oficial.