A mala previsión meteorolóxica para o día 28 de outubro motiva a decisión de adia-lo magosto da Ribeiriña.
Unha vez haxa unha nova data concretada, esta será comunicada.
Esta acción organizada pola Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal e a asociación veciñal do lugar busca descentraliza-los eventos de carácter lúdico do núcleo urbano para levalos a cada recuncho do municipio, neste caso, festexando a referida tradición outonal na Ribeiriña.