Hoxe visitaron a casa do concello 45 nenos e nenas de 1º e 2º cursos do CEIP Plurilingüe A Cristina. Despois de conversar co alcalde, Evencio Ferrero, e co concelleiro de Deportes e Participación Veciñal, Daniel Pérez, no salón de plenos, o alumnado fixo un percorrido por distintos departamentos municipais e tamén se achegou ás dependencias da oficina de tramitación do DNI da Policía Nacional.