Friday 22 de November de 2024

Entregados os diplomas ás persoas participantes no curso do ámbito sociosanitario na Pobra


As dezanove participantes no curso de promoción dos coidados en persoas dependentes no ámbito sociosanitario recibiron neste 26 de outubro os seus diplomas da man da concelleira da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo; a presidenta da Agadea, Isabel Gey; e a coordinadora desta entidade na zona do Barbanza, Laura Somoza.

Esta formación abordou diversos temas como, por exemplo, evita-la sobrecarga, fomenta-la autonomía da persoa dependente, coida-las posturas á hora das mobilizacións, alimentación, aseo e hixiene, desenvolvemento de habilidades comunicativas, coñece-la medicación, manexo das caídas ou a importancia da prevención nas úlceras, entre outras cuestións.

A edil salienta que esta acción orientada a profesionais de axuda no fogar pretende “contribuír a mellora-lo seu servizo para fomentar nas persoas dependentes unha maior autonomía, ademais de facilitárlle-lo seu traballo.”