Diversas obras de adecuación e renovación en rúas do municipio están paralizadas por causa de Telefónica xa que non retira nin retranquea os postes situados en vía pública, malia ter sido solicitado en forma e prazo.
Por este motivo, na actualidade o Concello de Oleiros ten paralizadas as actuacións na rúa Salvador de Madariaga e nas rúas Ricardo Cubeiro e Daniel Castelao, no centro de Santa Cruz. Tamén está pendente unha pequena actuación na rúa Loural e na rúa Fonte Cuba, a compañía culpabilizou ao Concello de deixar sen servizo de telefonía aos veciños tras meses de demora na retirada dos postes. A ampliación da rúa Casares Quiroga, á altura do Pazo de Lóngora, tamén está paralizada polo mesmo motivo.
O Concello de Oleiros esixiu en reiteradas ocasións á empresa de telefonía que cumpra coa retirada dos postes e que actúe de forma inmediata ao respecto xa que estes atrasos e paralización de obras, ademais de ser un prexuízo para o Concello, están a xerar importantes problemas de seguridade viaria tanto para peóns como para vehículos.