Tuesday 03 de December de 2024

Xornada de portas abertas na pista de xeo


Numerosos veciños acudiron á praza de España para participar na xornada de portas abertas da pista de xeo que se acaba de abrir.

Aínda que a hora de apertura prevista eran as oito da tarde, dende moito antes había xente gardando cola co fin de estar entre os primeiros en poñerse os patíns e disfrutar dunha instalación que por terceiro ano consecutivo recala na cidade. Alí estiveron tamén o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Cultura Fabiola García (se ben polo momento non se animaron a patinar).

A pista estará operativa ata o 31 de xaneiro. O horario é o seguinte:

• De luns a xoves, polas mañás de 12 a 14 horas, só durante as vacacións escolares (en días de colexio as mañás estarán reservadas para as visitas de centros educativos)
• De luns a xoves, polas tardes de 17 a 22 horas.
• Venres, sábados, domingos e vésperas de festivo: de 12 a 23 horas
• 31 de decembro: de 12 a 18 horas
• 1 de xaneiro: de 19 a 23 horas

O prezo da entrada son 6 euros (3 euros se se participa nun grupo escolar).