O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” continúa mañá venres na biblioteca Rialeda, ás 18:30 horas. Uxía Rodríguez Lavandeira, dietista e nutricionista no CHUAC, ofrecerá unha charla sobre alimentación saudable na idade escolar.
A charla está dirixida a nenas e nenos maiores de 10 anos, adolescentes e persoas adultas. O acceso é libre e gratuíto.